Nómades

É un espectáculo de carácter visual dirixido a tódolos públicos: onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente , sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos.

Tres corpos de costas, dúas xaboeiras, unha chepa e ocos; moitos ocos. Como definir un corpo? A través dos paseos en bicicleta, ou polas bágoas provocadas logo dunha caída, ou polos sucos nas pernas ou se cadra pola capacidade de axustarse ó molde da saia, ou do pantalón…?

 

Ficha artística

Elenco: Diego M. Buceta, María Roja e Atenea García
Dirección: Gena Baamonde
Texto Orixinal: Gena Baamonde, Atenea García, María Roja, Diego M. Buceta e Nicolás Zamorano
Vestiario: Marte Martinka
Escenografía: Nicolás Zamorano
Iluminación: Laura Iturralde
Música Orixinal: Nicolás Zamorano
Fotografía: Ángel Sousa
Vídeo: Caneca
Deseño do cartel: Alba Blanco