Meco e sono

É unha peza de teatro de bonecos e creación sonora.

A experiencia en escena e narración para a primeira infancia da compañía Xarope Tulú xúntase á dramaturxia e ao son e voz en directo da escritora e xornalista radiofónica Xiana Arias. O resultado é unha sensorial, coidada e novidosa proposta para crianzas de 0 a 3 anos.

Dous espazos escénicos conviven en Meco e Sono e convértena nunha experiencia novidosa nas creacións para a primeira infancia. Dunha banda o teatro de bonecos que representa a Fedello e ás nosas personaxes Meco e Sono coa actriz Atenea García nas interpretacións e a manipulación. Da outra a voz e creación sonora en directo da escritora e locutora Xiana Arias como narradora omnisciente que representa a noite.

Unha proposta adaptable a espazos non convencionais que conta cunha fermosa escenografía creada por Nicolás Zamorano e que inclúe unha grande ilustración pintada pola artista Lúa Gándara.

 

Ficha artística

Dramaturxia: Xiana Arias
Elenco: Atenea García e Xiana Arias
Escenografía: Nicolás Zamorano
Espazo Sonoro: Xiana Arias
Produción: Xarope Tulú
Creación plástica e arte: Lúa Gándara
Distribución: Urdime