top of page

Atenea García

ATENEA-41.jpg

 

Atenea García é actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia no ano 2010.

Residiu durante dous anos na cidade de Buenos Aires; onde ampliou a súa formación con Jessica Pinkus e Ignacio Monna. Logo da súa volta a Galicia traballa como actriz no colectivo Avoayouja en varias das súas montaxes. 

No ano 2015 fundou xunto ao músico e escenógrafo Nicolás Zamorano a compañía Xarope Tulú, dedicada ao público infantil e xuvenil. Desde o ano 2017 colabora como performer co colectivo Blanco&Roja e coa artista Alba Blanco.

No ano 2019 traballa como actriz na montaxe do Centro Dramático Galego: Neorretranca e posmorriña. Ademais, neste mesmo ano, pasa a formar parte do elenco de Mai Mai, espectáculo da compañía Baobab Teatro.

No ano 2021 realiza a produción executiva do espectáculo Festina Lente do Colectivo Vacaburra en co-produción co Centro Coregráfico Galego.

É fundadora do colectivo interdisciplinar Barriga e Muleta xunto o bailarín Diego M. Buceta.

Nicolás Zamorano

 

Nicolás Zamorano é músico, escenógrafo e técnico de luz e son.

Nacido en Buenos Aires, Nicolás achegouse á música cando era aínda un cativo, collendo prestada a guitarra de seu irmán . Na adolescencia forma parte das bandas Killing Devotos e Instrumental querido Watson, nas que tocaba o baixo.

Logo dunha longa estadía en Galicia, no 2011 volve a Buenos Aires onde pasa a formar parte do grupo de folk-rock 28 miércoles.

No ano 2014 comeza a súa andaina como luthier, levando a cabo o proxecto A Starosta, guitarras y bajos raros . Realiza ademais obradoiros de construción de instrumentos para a rapazada.

No ano 2016 volveu a Galicia e fundou o grupo de Rock Mental Xhivä e a banda Nocra

Na actualidade combina o seu labor interpretativo, escenográfico e musical en Xarope Tulú coa súa actividade como técnico de luz e son para outras profesionais coma o Mago Teto, Pálido Domingo, Cinema Sticado ou a violonchelista Margarida Mariño.

bottom of page