Estrafalaria

É un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de monicreques onde o público participa activamente do relato. Os personaxes que interveñen na historia levan a diferenza como bandeira. Unha proposta para entender que a diversidade é enriquecedora e imprescindible para vivir nun mundo onde predomine a tolerancia, a solidariedade e a convivencia. Un mundo no que a disidencia é moi valiosa.

Alicia collera por costume escorregar por calquera buraco sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que sexa. Carlota escolle o seu camiño e embárcase en aventuras emocionantes que nada teñen que ver coas das princesas. A avoa e papá dicían que as miñas amigas eran estrañas. Mais eu sempre pensei que iso de ser estraña é moi relativo. Apetéceche escoitar as nosas rarezas?