top of page
XAROPE TULÚ
UTOPÍAS
Utopías é un espectáculo dirixido a todos os públicos que combina a narración oral e a manipulación de obxectos. A través de diversas historias iremos descubrindo eses mundos invisibles que nos rodean, eses outros xeitos de vivir.
Rapazas que soben e baixan escaleiras, bicicletas e parrulos, moitos parrulos.
- Para que serve a utopía?
- A utopía está no horizonte. Ben sei que nunca a vou acadar, se eu camiño dez pasos, ela afástase dez pasos. Canto máis vaia na súa procura menos a vou atopar. Ela afástase cando eu me achego.
- Para que serve a utopía?
- Boa pregunta.
- A utopía serve xustamente para iso, para camiñar.
Fernando Birri.
bottom of page