top of page

A FALTA DE PAN, BOS SON CONTOS

A miña avoa e as súas amigas adoitaban xogar na porta da casa, pero sempre tiñan unha pequena lideira. Nos estómagos tiñan un furadiño que non lles deixaba enredear a gusto. Como eran xente ben creativa, decidiron argallar un plan para loitar contra aquel molesto furado. Tiñan que imaxinar ben forte as larpeiradas máis suculentas do mundo, dese xeito o furadiño facíase cada vez máis pequeno. 

Se queredes descubrir o plan da miña avoa e as súas amigas, abride a boca e as orellas que comezan os contos da fartura.

A narración é unha ferramenta de aprendizaxe que nos permite reflexionar sobre a historia e o noso comportamento, tanto individual como colectivo. Os contos permítennos habitar lugares diversos e amplían a percepción da realidade que nos arrodea, poñendo en valor a importancia da tradición e da cultura popular. Os contos son un xeito creativo de achegarnos ao mundo e permítennos medrar dun xeito libre.

bottom of page