Bailen as vellas, os contos das cereixas

Bailen as vellas os contos das cereixas é un proxecto de narración oral para público adulto que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral co gallo das Letras Galegas 2025.

Da man de Vero Rilo, narradora oral, e de Atenea García narradora e creadora escénica, intentamos trasladar o legado e a voz das que non calaron, das que cantaron e bailaron e así traelas aos escenarios.

Os contos ás veces son coma as cereixas, cando botas un á boca parece imposible deixar de botar máis. E así, coma a vida e a amizade, nace esta proposta, botando os contos á boca un tras outro.

“Ai compañeira, isto que me contas faime acordar a cando Manola a Bellaca me contou como coñeceu aquel amor… ou cando me falou de como deixaban caír os panos no baile…”

”Os tempos van rápidos e a urxencia ás veces non é boa compañeira, é por iso que neste proxecto queremos parar e darlle ese espazo ao importante, a recuperar a conversa, a volver aos tempos de sentarse no tallo á porta da casa e botar unha boa laretada e, se cadra, unha baila…”

Vero Rilo e Atenea García levan ben tempo coincidindo en intereses e percorridos, e levan máis tempo aínda buscando o xeito de xuntarse a contar e recuperaras historias pequenas, que foron gardando no forro dos abrigos, naquelas notas escritas nas servilletas dos bares, nas notas do teléfono, que nostálxicas si, pero tamén mulleres do seu tempo.

 

Ficha artística

Recollida narración e dirección: Atenea García e Vero Rilo
Interpretación: Atenea García e Vero Rilo
Espazo sonoro: María da Pontragha, Carme da Pontragha e Atenea García
Fotografía: Sol Álvarez