É actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Funda, xunto ao músico e escenógrafo Nicolás Zamorano a compañía Xarope Tulú, no ano 2015. Traballa ademais como intérprete para outras profesionais; formando parte das montaxes Neorretranca e posmorriña ou Os actos e as profecías ambas producións do Centro Dramático Galego. Tamén forma parte do elenco do espectáculo Mai Mai, da compañía Baobab Teatro. No ano 2022 bota a andar o espectáculo de narración oral Vicio Houbo Sempre co que participou en festivais como Sete Falares, o Festival Atlántica ou o Versión Original (Madrid). Ademais de ser a encargada da produción dos espectáculos de Xarope Tulú tamén ten traballado para outras compañías como o Colectivo Vacaburra, concretamente no espectáculo Festina Lente coproducido polo Centro Coreográfico Galego.
Ademais é fundadora do colectivo Barriga&Muleta xunto ao bailarín Diego M. Buceta con quen participaron no XI Encuentros de Creación en Magalia impulsado pola Red de Teatros Alternativos no ano 2022.
No ano 2025 estrea xunto a narradora Vero Rilo o espectáculo Bailen as vellas, os contos das cereixas co que xiran por Portugal, Galiza e Valencia. Neste mesmo ano sae á luz o espectáculo A Bouba das vellas que xorde da colaboración coas pandereteiras Bouba.