A teteira de Kabul

É unha proposta que xira arredor do valor da paz.

A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condicións irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.

Esta proposta de Xarope Tulú, en coprodución coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz, está baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas e fala das vivencias das persoas que se ven na obriga de abandonar o seu fogar. A súa protagonista está inspirado na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. A poética dos monicreques permite viaxar a outros lugares e contar a historia desde unha perspectiva construtiva e alentadora.

A peza foi finalista a mellor proposta de monicreques nos Premios María Casares 2024.

 

Ficha artística

Creación e dirección: Nicolás Zamorano e Atenea García
Interpretación: Atenea García e Xosé Manuel Esperante
Adaptación do texto: Atenea García
Espazo sonoro: Nicolás Zamorano
Escenografía e Iluminación: Nicolás Zamorano
Asistencia de dirección e animación de monicreques: Alba de Vales
Vestiario: Núria Manzano e Atenea García
Fotografía e vídeo: Carlota Mosquera e Sol Álvarez
Deseño do cartel: Pía Piadosa

Unidade Didáctica: ACPP Galicia e Agareso

Agradecementos: Tanxarina