A falta de pan, bos son contos – Utopías – Polo mar abaixo – María e os ollos alabarados

Desde o ano 2016 Xarope Tulú ven de estrear varios espectáculos dirixidos a todos os públicos onde o conto é o protagonista, algúns deles xa non están en repertorio como A falta de pan, bos son contos, Utopías, Polo mar abaixo ou María e os ollos alabarados este último adicado á vida e obra de María Victoria Moreno.

A narración oral é unha ferramenta de aprendizaxe que nos permite reflexionar sobre a historia e o noso comportamento, tanto individual como colectivo. Os contos permítennos habitar lugares diversos e amplían a percepción da realidade que nos arrodea, poñendo en valor a importancia da tradición e da cultura popular. Os contos son un xeito creativo de achegarnos ao mundo e permítennos medrar dun xeito libre.