Unha colaboración entre as narradoras Atenea García e Vero Rilo coas creadoras e pandeireteiras Bouba.
A Bouba das vellas é un espectáculo de narración oral e música que fusiona dúas propostas que percorren a memoria desde o presente. Atenea García e Vero Rilo trasladan ao escenario a través dos seus contos o legado e a voz das mulleres que non calaron, das que cantaron e bailaron. E as pandeireteiras Bouba, ofrecen un concerto co que ir trenzando estas historias cheas de resistencia e cantigas.
A Bouba das vellas é unha divertida, emotiva e fermosa proposta protagonizada por seis mulleres referentes enriba dos escenarios: Atenea García, Vero Rilo, María da Pontragha, Carme da Pontragha, Uxía da Pontragha e Maca do Piñeiro.
Ficha artística
Recollida, narración e interpretación: Atenea García, María da Pontragha e Vero Rilo
Dirección: Atenea García, Vero Rilo e Bouba pandeireteiras
Espazo sonoro e música en directo: Bouba pandeireteiras
Técnico de son: Miguel Paz